“Respira
el momento” Calle 13
Pódese dicir que a carreira comezou antes do
esperado, xa que saín de traballar puxen as mallas, os tenis, agarrei un sandwich
con ovo e saín “cagado fuego”, como
di meu compañeiro Dani, cara plaza de
Galicia porque Obi Maikel xa levaba un anaco agardándome.
Fomos polos dorsais e dispuxémonos a
inspeccionar a durísima rampla do percorrido. Gústanme as costas duras. E
comezamos o quecemento, logo dun par de voltas, xa estaba a suar, seguirlle o
ritmo a Maikel aínda que sexa quentando e tarefa complicada, asegúrovolo.
So faltaban 15 minutos para a saída e tanto
Miguel coma min empezamos a ter problemas, os seus neste caso eran estomacais e
os meus concentrábanse no xeonllo esquerdo, notaba que non tiña tanta forza
nel. Todas estas sensacións desapareceron co inicio da carreira.
Estábamos situados nas primeiras posicións de saída,
moi preto de Hassan e de Akka, uns auténticos fora de serie. E comezamos, 3
voltas por diante, deixei tranquilamente que me pasasen moitos corredores,
vamos que non me quentei ao principio.(Lección
aprendida de Catoira). Busquei o meu ritmo na primeira volta, ata tiven tempo
de animar a Maikel, e como as sensacións eran boas, aumenteino na segunda LAP ,
nas zonas de subida era onde mellor me atopaba e mais lle recortaba o grupo que
perseguía, pero sabia que tiña que gardar algo para a ultima subida, e así foi,
ataquei naquela costa que Miguel e eu estiveramos estudiando antes. Saquei a
garra, esprintei todo o que din e culminando a subida uns cativos estábanme a
animar, o que me fixeron mais forte e incluso saín da trazada para chocarlles a
man. Agora tocaba afrontar a baixada, lanzando a zancada o mais lonxe posible
para recortar metros e poder chegar ao segundo grupo de corredores, que me
acercaba e non daba chegado, tíñaos a uns 20m e non os alcanzaba. Na calzada
dividida con conos, (parte final da carreira), notaba que ía sen forzas nas
pernas, pero de cabeza estaba moi forte, porque non respondían?
Dicir que estaba a sangrar preto do
metacarpiano non Maikel?, si por un dedo do pe, unhas curas ao chegar a casa e
listo. O día anterior fomos a por unhas zapas a Adidas e tiña problemas co número.
¿Que diferencia hai de unhas 40 2/3 e unhas 41 1/3?. Pois si, todo se reduce a
túa amplitude de uña. Unha pequena anécdota que di que todo pasa por algo, algo
BO!
O final posto 53 de 134 con un tempo de 32:15 minutos que
equivale a un ritmo de 4:18 min/km. Os obxectivos cumpridos, suben levar o control
da carreira e desfrutei moito. WOOOW. Agardando impaciente a SIN-SON 10K
No hay comentarios:
Publicar un comentario