Las palabras pueden sacudir:
pero es solo el ejemplo el que arrastra.
Confucio
(tamén ao voso gusto), para estar en contacto cos seres máis excepcionais que existen, Sí os nenos e nenas, (deberiamos aprender máis de eles, e intentar comprendelos, xa que eles son o futuro, darlle uns valores humanos como compartir, amizade, respecto, amor, ilusión... e deixar que corra a súa imaxinación e creatividade , antes de que nós lla suprimamos coa nosa pésima educación.) Sóache de algo:
Chegamos a Riveira, no complexo deportivo Fieiteira,
por fin a primeira Cross. Imos recoller os dorsais e confúndenme cun cadete,
cousa que non me sorprendeu despois vendo as pernas de algún. Tamén me atopei
coas rapazas do clube atletismo Santiago, que o día anterior estiveran no bar e me
preguntaran se podían deixar o cartel da San Silvestre de Santiago, e como non podía
ser de outra maneira, alí o puxemos, sempre
apoiando o deporte.
Case todos os corredores levaban cravos, cousa
que eu votaría en falta, xa que pisaba e non avanzaba, esvaraba, un caos. Por
se fora pouco Miguel móstrame o ben que agarran pisándome o pé esquerdo,- Sí
son bos meu. Sorte que xa rematara a carreira.
En resumo comecei moi forte, e pagueino, tamén tiven problemas estomacais e
no xeonllo esquerdo, que me impedían lanzar a zancada. As zonas de monte son incribles,
espero repetir un cross cando estea de novo o 100%.
Posto 65º, e encanto o tempo fixen 31 40
minutos, que equivalen a un ritmo de carreira de 5 17 minutos.
Desta vez a auga dos vestiarios era quente,
pero eu optei pola fría!
Quedo coa sensación de que me gustou, a terra
sempre gaña ao asfalto, e coas ganas de voltar cando estea recuperado das
molestias.







