domingo, 29 de noviembre de 2015

II Carreira Romaria Vikinga 10K

"No te vencerán hasta que no te des por vencido"
 Valentin Sanjuan
Hoxe comezo unha nova aventura no mundo das carreira populares. Desta maneira despraceime ata Catoira con Mikel para disputar a II Carreira Popular “Romaría Vikinga 10k”, co obxectivo de rematar a carreira e desfrutar a tope. 

Facía un frío que te “cagas” nada máis chegar e os cativos xa estaba a correr pero cando nos comezamos o quecemento o sol xa estaba a radiar. Tiramos co suadoiro e o chándal e dimos os primeiros pasos en terras vikingas. O mítico Terio desta vez non estaba a cantar os goles de Karpin e Mostovoi senón que estaba a retransmitir a carreira entre o griterio do público. A falta de 5 minutos para o inicio, atopámonos nas primeiras prazas da saída, rodeados de grandes corredores e co son do corno escandinavo deu comezo a carreira. 




Os primeiros 2 km intentei aguantar o ritmo dos mellores incluso tiven tempo de saudar a cámara pero despois paguei o esforzo e vía como o resto dos corredores me pasaban como avións e eu non me daba enganchado a ninguén. No km 6 sentín algúns problemas estomacais, vamos que me cagaba encima e desta vez non era de frío. Estes problemas duráronme 2 km aprox. coa chegada do tramo de terra e xa no km 8 notábame mellor e puiden apertar. Co apoio doutro corredor que me dixo que só quedaban 500 metros, esprintamos e cruzamos a liña de meta co mellor dos sorrisos pola satisfacción de completar a proba.
O final posto 164º de 342 con un tempo de 45:33 minutos o que equivale un ritmo de 4:33 min/km. Os obxectivos foron cumpridos e quedei moi contento co resultado obtido. En canto a organización da carreira todo ben, avituallamento bastante completo, gran ambiente do público e de camiño as duchas oíanse berros, supoño que sería pola temperatura da auga, “o frío e psicolóxico” non hai nada mellor que ducharse en auga fría despois de facer deporte. Quero agradecer a Mikel haberme animado a participar en esta aventura, vai ser unha auténtica loucura WOOOW.



No hay comentarios:

Publicar un comentario