lunes, 28 de diciembre de 2015

V CARREIRA DO NADAL CROSS SANTA UXÍA DE RIVEIRA

Las palabras pueden sacudir:
pero es solo el ejemplo el que arrastra.
Confucio

Despois dun nadal expres, rodeado da familia e de moitos cativos e cativas, agasallos, felicitacións, apertas... Quero destacar a versión mais divertida, humana e deportiva dun  Papá Noel, Santa Claus ou o Pai Nadal, chamádelle como queirades, que visitou o pequeno pobo de Bandeira ou A Bandeira, 
(tamén ao voso gusto), para estar en contacto cos seres máis excepcionais que existen, Sí os nenos e nenas, (deberiamos aprender máis de eles, e intentar comprendelos, xa que eles son o futuro, darlle uns valores humanos como compartir, amizade, respecto, amor, ilusión... e deixar que corra a súa imaxinación e creatividade , antes de que nós lla suprimamos coa nosa pésima educación.) Sóache de algo: 
Pinta por dentro, unha casa non é redonda, isto faise así. Pois ben, pinta por onde queiras pero non lle marques  ti os límites con debuxos absurdos descargados da internet, que nin ti mesmo debuxaches. As casas son redondas, cadradas e con forma de corazón, poden ser como ti as imaxines, ou acaso vasme dicir que iso é imposible?, mentres falas por whatsApp con teu primo de Australia a miles de km, ou cando viaxas en avión a París. Agora para nós é normal velos, pero fai 150 anos alguén tivo que soñalo ou imaxinalo, para que ti agora poidas ir de un lado a outro do mundo en poucas horas, por iso debemos deixar soñar e correr a nosa imaxinación e sobre todo a dos cativos e cativas.
Chegamos a Riveira, no complexo deportivo Fieiteira, por fin a primeira Cross. Imos recoller os dorsais e confúndenme cun cadete, cousa que non me sorprendeu despois vendo as pernas de algún. Tamén me atopei coas rapazas do clube atletismo Santiago, que o día anterior estiveran no bar e me preguntaran se podían deixar o cartel da San Silvestre de Santiago, e como non podía ser de outra maneira, alí o puxemos, sempre apoiando o deporte.



Poño un pulsómetro que me regalaran días  atrás,  que tiven que quitar antes do comezo xa que non estou acostumado a levar reloxo e érame incómodo, iso é que non funcionaba.
Case todos os corredores levaban cravos, cousa que eu votaría en falta, xa que pisaba e non avanzaba, esvaraba, un caos. Por se fora pouco Miguel móstrame o ben que agarran pisándome o pé esquerdo,- Sí son bos meu. Sorte que xa rematara a carreira.
En resumo comecei moi forte, e pagueino, tamén tiven problemas estomacais e no xeonllo esquerdo, que me impedían lanzar a zancada. As zonas de monte son incribles, espero repetir un cross cando estea de novo o 100%.
Posto 65º, e encanto o tempo fixen 31 40 minutos, que equivalen a un ritmo de carreira de  5 17 minutos.

Desta vez a auga dos vestiarios era quente, pero eu optei pola fría!

Quedo coa sensación de que me gustou, a terra sempre gaña ao asfalto, e coas ganas de voltar cando estea recuperado das molestias. 

jueves, 17 de diciembre de 2015

SIN-SON 10K

Se responsable de tu vida tal como es
en vez de echar la culpa de tus problemas a otros 
o a las circunstancias. A medida que tus ojos se vayan abriendo,
verás que tu estado de salud, felicidad, y cada
acontecimiento de tu vida ha sido, en gran parte,
organizado por ti, consciente o inconscientemente.
DAN MILLNAN


7.00 am, ainda e noite, sona a alarma, abro os ollos con moita pereza, facía apenas 4 horas que me acababa de deitar, unha noite bastante movida e con moito traballo, non hai coches na carreteira, todos están a durmir, menos algúns que están no after hours, pero proxéctaseme unha imaxe na cabeza, sí é a SINSON 10K, un sorriso, unha ducha, un contundente almorzo e saímos pitando Obi mais eu cara Porto do Son.
Poder desfrutar do mar e algo incrible, e que mellor que poder facer deporte ao seu carón. Unha sensación percorre o meu corpo, mentres recordaba unha de tantas noites en Samil, adestrando con Matias, Max (o labrador mais en forma e grande do mundo), só, con choiva, con vento, con tronos, co ceo estrelado, coa lúa chea, rodeado de area, olas , olas gordísimas case baténdome nos nocellos, temazos,  bágoas de rabia, bágoas de felicidade...
Chegamos ao noso destino, quitamos os chándales e subimos o autobús que nos levaría a Portosin onde e a saída. Centos de corredores xa están quentando alí no porto, deixamos as sudadeiras cos da organización (gardamos as dúas na mesma bolsa, cousa que me arrepentiría despois, xa que para atopar a Maikel entre 2500 persoas e algo complicado), e comezamos a trotar, preto de runners como Alejandro Fernández, Chema Martinez,  Pedro Nimo e o gran campión Hassan.
Todo esta listo, case 2500 persoas separadas por colores, encarnado azul e amarelo en apenas 200m, coma un rabaño de ovelliñas, os Drons sucan o ceo e Terio da a saída.
Dicir que ata o km 2 foi case imposible correr, cousa que se agredecería ao longo dos 10km, pois así foi, de menos a máis, con unha boa lectura da carreira. No km 3 engancheime a un runner, collemos un bo ritmo e avanzamos, ao paso polo km 5 levaba un tempo de 23 minutos e 25 segundos, como me atopaba ben e comezaba a parte mais dura decidín apurar, so quedaba un km e víase a meta, ultimo esforzo PENA  vamos. Moitísima xente recibíndonos nos últimos 150 m onde esprintei todo o que puiden e de un salto crucei a liña, cunha sensación fantástica, xa que nos últimos 5 km baixei a 20 minutos 36 segundos. Rodeado de centos de corredores quito o chip, collo algo de bebida enerxética e por sorte atópome a Sergio, pero de Maikel nin rastro. E o meu suadoiro tiñao el... un caos, despois duns 15 minutos buscándonos, tropezamos, cunhas fantásticas felicitacións.
Miguel baixou a súa marca, eu paseino xenial e Hassan voou por Portoson.
Fantástica organización aínda que os vestiarios quedaron pequenos para tanta xente.

Moi contento co resultado 641º con un tempo de 44:54 e na miña categoría promesa sénior de 190º, con un ritmo de carreira de 4:25. Espero voltar con Obi para o ano que ven, e xa estou a pensar nun trail, teño ganas de probalo.




domingo, 6 de diciembre de 2015

III CARREIRA POPULAR DA RICHADA DE FORCAREI


“Respira el momento” Calle 13

Pódese dicir que a carreira comezou antes do esperado, xa que saín de traballar puxen as mallas, os tenis, agarrei un sandwich con ovo e saín “cagado fuego”, como di meu compañeiro Dani, cara plaza de Galicia porque Obi Maikel xa levaba un anaco agardándome.
Puxémonos en marcha, e pasando a Estrada todo estaba cuberto de néboa, parecía o puto Silent Hill. Xa en Forcarei vestidos de curto e con moito frío, vimos as carreiras  dos benxamíns e os alevíns, uns fenómenos e uns verdadeiros campións.
Fomos polos dorsais e dispuxémonos a inspeccionar a durísima rampla do percorrido. Gústanme as costas duras. E comezamos o quecemento, logo dun par de voltas, xa estaba a suar, seguirlle o ritmo a Maikel aínda que sexa quentando e tarefa complicada, asegúrovolo.
So faltaban 15 minutos para a saída e tanto Miguel coma min empezamos a ter problemas, os seus neste caso eran estomacais e os meus concentrábanse no xeonllo esquerdo, notaba que non tiña tanta forza nel. Todas estas sensacións desapareceron co inicio da carreira.
Estábamos situados nas primeiras posicións de saída, moi preto de Hassan e de Akka, uns auténticos fora de serie. E comezamos, 3 voltas por diante, deixei tranquilamente que me pasasen moitos corredores, vamos que non me quentei ao principio.(Lección aprendida de Catoira). Busquei o meu ritmo na primeira volta, ata tiven tempo de animar a Maikel, e como as sensacións eran boas, aumenteino na segunda LAP , nas zonas de subida era onde mellor me atopaba e mais lle recortaba o grupo que perseguía, pero sabia que tiña que gardar algo para a ultima subida, e así foi, ataquei naquela costa que Miguel e eu estiveramos estudiando antes. Saquei a garra, esprintei todo o que din e culminando a subida uns cativos estábanme a animar, o que me fixeron mais forte e incluso saín da trazada para chocarlles a man. Agora tocaba afrontar a baixada, lanzando a zancada o mais lonxe posible para recortar metros e poder chegar ao segundo grupo de corredores, que me acercaba e non daba chegado, tíñaos a uns 20m e non os alcanzaba. Na calzada dividida con conos, (parte final da carreira), notaba que ía sen forzas nas pernas, pero de cabeza estaba moi forte, porque non respondían?
Última curva, últimos 250 metros, ultima canción, ultimo esforzo, último sprint , e non so cheguei ao grupo que levaba perseguindo un bo anaco senón que desta vez era eu o avión que adiantaba varias posicións. Na entrada a meta un da organización dixo : -te queda una. E a miña cara de circunstancia... se teño que dar unha mais despois deste sprint, quedo asubiando. Resulta que llo dixo a un corredor que dobrara en meta, para o meu alivio.
Busco a Maikel, onde tamén estaba Sergio outro gran runner, felicitámonos como en cada carreira e desfrutamos do momento mentres comemos unhas bananas estiramos e para as duchas, que como non outra vez de auga jodidamente fría, que e o mellor para un 12 de Decembro as 19:30 da tarde, un par de berros, xabón SPA de frambuesa e coma novo.
Dicir que estaba a sangrar preto do metacarpiano non Maikel?, si por un dedo do pe, unhas curas ao chegar a casa e listo. O día anterior fomos a por unhas zapas a Adidas e tiña problemas co número. ¿Que diferencia hai de unhas 40 2/3 e unhas 41 1/3?. Pois si, todo se reduce a túa amplitude de uña. Unha pequena anécdota que di que todo pasa por algo, algo BO!

O final posto 53  de 134 con un tempo de 32:15 minutos que equivale a un ritmo de 4:18 min/km. Os obxectivos cumpridos, suben levar o control da carreira e desfrutei moito. WOOOW. Agardando impaciente a SIN-SON 10K